Blogia
Andresadas

Agradecementos

Agradecementos Gustaríame despedir este mes de Maio, non se antes agradecer a todas aquelas persoas que fixeron que o web blog saise adiante:
Primeiro, agradecer a David Vázquez (Duffman), por todos os seus comentários, sobre todo no web blog de galego, polo seu apoio, e polas súas ideas, que provocaron a creación de multitude de artigos.

A Marcos Avelino, polas innumerabeis veces que me emprestou o seu ordenador para traballar na zona Wifi e poder postear con tranquilidade para todos vós.

A Dj Marin, por me axudar a pór a contador na miña páxina web.

A Benxa, por ser como é.

A Diana, por me dar a idea de crear un artigo sobre o videojuego Dead or Alive II.

A David Capelo , por comentar varios artigos e aportar varias ideas para completar o website.

A todos os bloggers enlazados na parte dereita, porque sen eles non tería enlaces interesantes que pór.

A todos aqueles/as que visitaron a páxina, a pesar de non ter deixado ningún dos seus valiosos comentarios.

A todos os que me animaron e me dixeron que a miña páxina estaba moi ben, ainda que estivesen a mentir.

Por último, ao profesor Daniel Martí, porque sen el non crearía o web blog, e non o pasaría como mo pasei (isto non é nada de peloteo nin leites, é simplesmente sinceridade).

A todas, a todos... MIL GRAZAS

1 comentario

anti-ence -

ENCE FÓRA DE LOURIZÁN.
mani. Sabado 4 ás 20:30.
Praza da Ferrería.
Pontevedra. PASAO.

ti vas a vir?
EU, DESDE LOGO!

CELULOSA FORA DA RÍA!